- Dixestiva , multilateral e ubícua.
- Gaseosa, sincrónica e diacrónica.
- Carbónica, labial e palatal .
- Falofórica, "Quitabrillos y Reponetonos".
- Feita con fins benéficas.
- Con flirteo, fase oral, fase fálica, fase anal, erección matinal, fecundación artificial e que todo quede moi claro. Sen facer chapuzas e menos chapuzar cando os protagonistas se poñen a facer chapuzas, sobre todo na fase oral.
- Para o pobo pero sen o pobo e que coma todo partido político consolidado, poña os intereses de Venezuela ou Brasil por diante de todo personalismo ou interese personalista.
Os mellores galáns son os peixes...os peixes ordinarios....os que coñecemos e comemos...os das conservas incluidos, son animais castos...desprovistos de todo capricho erótico.... todo o que esencial á voluptuosidade elllllles descoñecido. En xeral, as femias ignoran o abandono e os machos a posesión....os amores dos peixes redúcense, as mais das veces, aos amores de un óvulo e espermatozoide tozudo...iste método monstruoso ou singular por tratarse de peixes, pode que sexa superior o procedimento laborioso da cabalgada tan feo, en xeral, e tan incómodo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario