6 mar 2009

RadioPerralleirasPendónNovelas

Unha radioperralleirapendónnovela para ser boa ten que ser :
  • Dixestiva , multilateral e ubícua.
  • Gaseosa, sincrónica e diacrónica.
  • Carbónica, labial e palatal .
  • Falofórica, "Quitabrillos y Reponetonos".
  • Feita con fins benéficas.
  • Con flirteo, fase oral, fase fálica, fase anal, erección matinal, fecundación artificial e que todo quede moi claro. Sen facer chapuzas e menos chapuzar cando os protagonistas se poñen a facer chapuzas, sobre todo na fase oral.
  • Para o pobo pero sen o pobo e que coma todo partido político consolidado, poña os intereses de Venezuela ou Brasil por diante de todo personalismo ou interese personalista.
Resumindo....semicantada coma as misas de antes e non farfullada coma os evanxeos de Joaquin Sabina ou as confesións galeguistas de Fraga Iribarne.....Un bón galán non debe dubidar en apagar os pitillos nos callos dos pés, ainda que o callo non teña a culpa de que por estar tranquilo na mata, veña o galán e apague o pitillo no callo....o callo non sabe o guión e non está ao tanto.
Os mellores galáns son os peixes...os peixes ordinarios....os que coñecemos e comemos...os das conservas incluidos, son animais castos...desprovistos de todo capricho erótico.... todo o que esencial á voluptuosidade elllllles descoñecido. En xeral, as femias ignoran o abandono e os machos a posesión....os amores dos peixes redúcense, as mais das veces, aos amores de un óvulo e espermatozoide tozudo...iste método monstruoso ou singular por tratarse de peixes, pode que sexa superior o procedimento laborioso da cabalgada tan feo, en xeral, e tan incómodo.